NOTA DE PRENSA PDF Imprimir
NOTA DE PRENSA
REI ZENTOLO
FUNDACIÓN UXÍO NOVONEYRA
Rei Zentolo e a Fundación Uxío Novoneyra, da cal a marca galega é patrona, únense para festexar o dia da Patria Galega, durante toda
a fin de semana, na feira do FESTIGAL, no campus Sur de Santiago de Compostela.

Instalarán un stand na zona de Feira do FESTIGAL no que se pasarán diferentes documentais e documentos sonoros e audiovisuais de
Uxío Novoneyra, se presentará a fundación recén nada e o seu proxecto de desenvolvemento, e se venderán packs de camisolas de
Novoneyra, da súa camisola de homenaxe de REI ZENTOLO, xunto a obras do poeta, a precios populares.

A Fundación Novoneyra distribuirá as diferentes obras do poeta, ademais de expor e vender a carpeta de homenaxe "HOMENAXE A
UXÍO NOVONEYRA" co gallo das letras galegas deste ano 2010 e unha serie (3) de reproducións de gravados de Novoneyra, faceta súa
ate hoxe, case inédita. Todos os beneficios destas vendas (cedidas polas diferentes editoriais: GALAXIA, ESPIRAL MAIOR,
TOXOSOUTOS, ALVARELLOS....) de obras se donarán a prol da Fundación Uxío Novoneyra.

Ademais, Rei Zentolo presentará a camisola en homenaxe a Laxeiro, feita en colaboración coa Fundación Laxeiro; e vender outros modelos das súas coleccións, a precios populares.
Ler máis............