MENSAXES

A

UXÍO NOVONEYRA




Comentarios (18)Add Comment
0
Ortigueira
Escrito por: Patricia, 21 Febreiro, 2010
Sentín
O Courel latindo
Reserva Espiritual de Galiza
corazón de Novoneyra
0
Vigo
Escrito por: Dores, 21 Febreiro, 2010
Grazas Uxio, al´´a onde estés, amamos máis Galiza e O Courel cando lemos a túa obra.
Querémoste a ti e a tod@s que fan de Galiza un lugar mellor.
non te esquecemos
0
Maniños-Fene
Escrito por: Mica Bigotes (a gata da Biblioteca do cole), 20 Febreiro, 2010
Cos teus versos perdínme nos farrapos de néboa, ulisquei o arume verde na beira do Sil, viaxei no asturcón de ferro na noite anoada,cheguei a Compostela, cantei cantiga na Quintana,arrolei polos prados de Fontela, bebín na fontiña do Caravel sen precisar pór folla de calexa e vendo e ouvindo o río, foiseme o tempo sin sentilo. Por iso imos "pintar" cos teus versos os corredores da escola, imos ceibar os teus poemas a voar polo patio, que se enguedellen nas ponlas das árbores, para que dende o máis alto do bicarelo do bico do brelo,podan ver o mar. Que os nosos nenos e as nosas nenas non esquezan endexamais os teus versos.
Se no teu fogar do Courel houbo gat@s, miañaría con el@s as túas verbas. Grazas pola eternidade con que nos agasallaches
0
Seoane do Caurel.
Escrito por: Ricardo, 12 Febreiro, 2010
Os caureláns vemos como un acto de xusticia as homenaxes o Gran Uxío Novoneyra. Pedimos que a Real Academia da Lingua faga, en Caurel, unha conmemoración que resalte a persoa de Uxío como caurelán ...

http://revistadixitaldocaurel.blogspot.com/2010/01/homenaxe-uxio-novoneyra.html
0
vigo
Escrito por: manolo pipas, 11 Febreiro, 2010
camiño de volta aos eidos

a uxio novoneyra

da tua elexia é o tempo
compostela lugo e as campás do courel
camiño de volta aos eidos

en silencio acendin un lume por ti
ollando o lume lembrei os teus versos
e na compaña dos meus seguin calado
sentindo como se asaban as castañas

lume da morte e lume da vida
e as castañas sabiannos a terra
en silencio sain do silencio
e mañan recitarei versos por ti

en lugo o dia da tua non despedida
poucas voces foron capaces
de facer o coro na letania

manolo pipas 11-99

publicado no libro colectivo
a porta verde do setimo andar 07
e en www.envolventesaspalabras.info
0
Paderne - Galiza
Escrito por: Chirlo Merlo, 27 Xaneiro, 2010
Os autores dos materiais para a aprendizaxe da lectoescritura en galego "Chirlo Merlo" [http://chirlomerlo.blogspot.com] queremos expresar o noso especial recoñecemento a Uxío Novoneyra, que se interesou con moito cariño polos traballos iniciais deste método e impulsou con grande compromiso os primeiros pasos cara á súa publicación.
0
...
Escrito por: RICARDO LOCAY AIRA, 07 Xaneiro, 2010
A Asociación Sociocultural i Ecolóxica "VITOREIRA", declarou a Uxío Novoneyra, fai moitos anos, "GRANDE DO CAUREL", por pintar como naide, con parolas, a paisaxe, as costumes e a xente do Caurel....
Como presidente de dita asociación, sinto unha gran alegría por haber recoñecido, en vida, a extraordinaria valía artística e humán do noso poeta.
Uxío, amigo da alma, estará sempre no noso corazón como un home bon que soupo enriquecer o noso legado histórico y etnográfico.
Un entrañable recordo pro venerable UXÍO NOVONEYRA, que, iste ano, alcanza o reconocemento galego e universal.
0
Neda
Escrito por: xxxxx , 21 Decembro, 2009
I love Uxio Novoneyra
0
PIEDRALAVES (valle del Tietar )
Escrito por: CARLOS GONZALO, 21 Novembro, 2009
Conocí a Uxío en Madrid en el año 1962, durante varios años nos compartimos tertulia en el café Gijón y cuando nos echaban para cerrar seguíamos charlando paseando por la castellana, acudía siempre a mis exposiciones, tuvimos la suerte de poder rememorar y repetir nuestras vivencias unos días el otoño del 94 en Barcelona, regalándome como recuerdo el libro OS EIDOS con cuya dedicatoria guardo con gran cariño.
me gustaría, si hubiera una Fundación con su nombre o si no, ponerme en contacto con su familia para donar una pequeña obra como recuerdo del tiempo vivido.
Gracias
0
santiago
Escrito por: séchu sende, 18 Setembro, 2009
Olá,
aqui vos vai esta acuarela que fixemos o ao passado, um leirom com Uxio:

http://www.blogoteca.com/madeingaliza/index.php?cod=66235
0
Meiraos-caurel
Escrito por: jesús alfonso parada jato, 30 Xullo, 2009
Os meus parabens a familia de Uxio e a todos os que pediran as Letras Galegas para este grande poeta para o vindeiro 2010
Novoneyra tiña moitas cousas polas que merece esa distinción. Entre elas que soubo ser coherente ao longo da súa vida, tanto no persoal coma na súa poesia.
Apertas.
0
Ourense
Escrito por: XM Pacho, 28 Xullo, 2009
Parabénbs para unha celebración merecida, e para os que a fixestes posíbel.

Agardemos que axude a facer país e a que o galego reciba o respecto que merece.

XM Pacho
0
A CORUÑA
Escrito por: Xacobe Allegue, 22 Xullo, 2009
Dende eiquí séntese ben, a grandeza deste Caurelán. Grazas Uxío
0
MADRID
Escrito por: MAITE MARTIN BARRENECHEA (SOBR, 10 Xullo, 2009
CONOCÍ A UXIO Y ME SENTO ENCANTADA DE QUE SE LE HAYA NOMBRADO PARA EL AÑO 2010 ME GUSTÓ COMO PERSONA Y COMO ESCRITOR, ESTOY MUY MUY CONTENTA
0
sarria ( lugo)
Escrito por: mercedes vázquez saavedra, 01 Xullo, 2009
Pagou a pena. Sen dúbida a mellor noticia para todos/as os que atopamos o profundo da serra nos poemas de Uxío que nos axudaron a soñar o Courel.

mercedes vázquez saavedra
0
Porriño (pontevedra)
Escrito por: Manuel Carballo Lores, 01 Xullo, 2009
Enhoraboa ós que levastes a cabo a reivindicación, durante dous anos nesta
páxina, para que Novoneyra sexa celebrado co Día das Letras Galegas en 2010.
PARABENS
0
MADRID
Escrito por: LUZDIVINA MONTES, 01 Xullo, 2009
FELICIDADES, O CONSEGISTES. BON TRABALLO.
0
chantada
Escrito por: david ramil, 29 Xuño, 2009
Síntome orgulloso de ser galego, grazas Uxío pai e Uxío fillo.

Escribir comentario
corto | largo

busy