Homenaxe 9 de Maio
NOVONEYRA AO NORTE - Héitor Picallo Fuentes PDF Imprimir
Bo día a todos e a todas:

Porque a forza da terra demóstrase aquí, nos cumios da Galiza, no ar que acariña os outeiros redondeados, tal puños pechos que se erguen como cons entre a brétema, aquí nas entrañas do “Courel dos tesos cumes”... porque o impulso, o chimpo e a tensión fican embaixo dos pés, raiceiras que terman do chan telúrico, ao son destes ventos que Novoneyra respirou e inspirou a súa poesía patriótica, non da paisaxe e si da Terra, materia existencial e existencialista dos oleiros que acariñamos cos dedos a arxila da Identidade... Porque a Lingua, a Nosa, a de Novoneyra, a de Xohán Xesús González, a de Castelao e Rosalia, a de Helena Villar Janeiro, Marica Campo, Xosé Lois García... e a de centos de nais e pais da nosa terra fai ciclar a arxila nos ritmos do Tempo para seguirmos a modelar, que non axustar, a esencia-materia do que resiste e existe baixo a estrela do pobo: A Patria; a Terra de Novoneyra que busca non só a autodeterminación e a soberanía, senón a plena independencia, a fenda do grillón e da cadea que nos amarra dende lonxe.
Ler máis...
 
Homenaxe no Courel - Isidro Novo PDF Imprimir
isidronovoAchégome aquí en calidade de amigo de Uxío, pero circunstancialmente tamén como representante da Asociación de Escritores en lingua Galega porque o noso presidente, Cesáreo Sánchez, non puido desprazarse, como era a súa intención, debido a unha gripe que o indispuxo antonte. Así e todo, encareceume que lle presentase honras, e así o fago, a este poeta que dende o seu balcón do Courel foi quen de darnos unha nova panorámica do Universo. Unha panorámica que está completamente vixente e coa case totalidade das expectativas aínda  por cumprir a día de hoxe.
Presentarlle honras pola achega que nos fixo co seu talento, pero tamén darlle as grazas polos servizos prestados, pois se a Asociación de Escritores celebra este ano o seu 30 aniversario, durante máis da metade da súa existencia, 17 anos exactamente, estivo Uxío Novoneyra presidíndoa e prestixiándoa. Grazas, pois, tamén por iso, en nome de todos.  
E polo que toca a miña amizade con Uxío, soamente direi que sen coñecelo a el, o sentimento poético máis sutil e elevado, ese fío tan sumamente delgado que el era capaz de ver e de enfiar na agulla do verso, quizais me pasara desapercibido. Un sentimento poético que estaba unido, sen ningún aderezo, ao seu sentimento humano. Por iso, por ser tan humanamente poeta, grazas, Uxío.

Isidro Novo
 
Domingo 9 de maio PDF Imprimir
Estimad@s amig@s:
Os Amigos de Uxío Novoneyra, a través desta web demandaron no seu día o apoio para que as Letras Galegas de 2010 foran dedicadas a este poeta, na que vostede apoiou aquela proposta e que posteriormente se conseguiu. Vimos a informarlle que moitos dos asígnantes fixéronnos chegar varias propostas para que se realice un acto no Courel. Postos en contacto coas asociacións culturais do Courel, tadas elas incidiron en apoiar e participar neste acto unitario, convocado xa nesta web para o próximo domingo 9 de maio. Tendo como punto central a figura humana e literaria de Uxío Novoneyra e, tamén, o espazo do Courel, que el reivindicou a protección do mesmo.

Sobre as 11 h., do día mencionado, sairemos da Ferrería de Seoane, nunha camiñada polo camiño antigo do Real, cara a casa natal do poeta, en Parada. Durante a camiñada faremos unha lectura de seus poemas así como outras actividades. En Parada, será o acto central no que todos están convidados a participar nun acto aberto no que se evoque ao poeta e a seu espazo natural, referente vivo da súa obra: “Os Eidos”. A poesía, a música  e as opinións sobre Uxío Novoneyra serán os referentes que asistan a este acto. Por esta razón vimos a pedir de novo as súas suxerencias para que este acto sexa amplo, dinámico e participativo.

Na páxina web teremos un apartado expresamente dedicado a este acto, onde iremos informando da evolución do mesmo. Para calquera opinión e suxerencia envíenos a súa mensaxe a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Con os mellores cumprimentos.

Amigos de Uxío Novoneyra


UXÍO NOVONEYRA 
(1930-1999)
http://www.uxionovoneyra.com/
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010