Visitas

Visitas á casa

A visita á Casa-Museo Uxío Novoneyra permite descubrir os espazos nos que o poeta concibiu e traballou na súa obra; cuartos, despacho, horta e tamén os castiñeiros centenarios do noso souto da Rubial.

Coñeceredes a construcción típica dunha casa grande labrega da montaña luguesa antano adicado a cría de gando, e tamén  poderedes  desfrutar da biblioteca personal de Novoneyra  (gravados, manuscritos, caligramas) e  máis da colección de arte familiar.

As visitas realízanse sempre con guía. Teñen unha duración dunha hora e media aproximadamente  e fanse só con grupos reducidos, polo que é obrigatorio reserva previa.

RESERVAS: 622 20 94 29 · 671 44 52 47

Cómo chegar

Parada, 1 –  Folgoso do Courel

Ver mapa

Desde Quiroga: LU-651 Seoane / Folgoso Desvío « Devesa da Rogueira».

Desde Pedrafita: (saída 432 desde a A6) LU-633 LU-651 O Caurel / Quiroga

Horario de apertura

Sábado de 11 a 13 horas pola mañá, e de 16 a 18 horas pola tarde.

A Fundación permanece pechada nas festas de Nadal e Aninovo.

Información práctica

  • Normal –  5 €
  • Reducida – 4 €  (pensionistas, estudantes e docentes, menores de 16 anos)

Co fin de protexer o patrimonio literario que se conserva e expón na Fundación Uxío Novoneyra e de crear o clima necesario para gozar da visita, non está permitido:

  • Comer, beber ou fumar nas salas e na horta.
  • Tocar os obxectos nin as obras de arte.
  • Correr polos corredores e as salas da Casa-Museo.
  • Introducir bolsos, mochilas ou bultos maiores de 40×40 cm.
  • Introducir ou calzar paraugas, paus de selfie, sinalizadores, equipo de sendeirismo ou obxectos punzantes.
  • Vender fotografías ou vídeos realizados na Casa-Museo sen o permiso da Fundación.
  • Usar punteiro láser nas salas.
  • A entrada de animais, salvo cans guía.

Por mor da situación excepcional de pandemia, desde a Fundación debemos establecer unha serie de normas que é preciso cumprir polo ben común:

  • Non acceda se presenta síntomas (febre, tose ou dificultade para respirar).
  • É obrigatorio o uso de máscara en todo o recinto.
  • Manteña a distancia interpersoal de seguridade de 2m en todo momento.
  • Evite tocar superficies e obxectos se non é preciso.
  • Empregue os dispensadores de xel dispoñibles para desinfectar as mans con frecuencia.
  • Non quite a máscara e coloque panos refugables diante ao tusir ou esbirrar.
  • Empregue as papeleiras dispostas pola Fundación para desfacerse de panos e outros obxectos.

Grazas por axudarnos a protexer o noso patrimonio literario e a saúde de todas e todos.

Reserva a túa visita

As reservas deben realizarse cun mínimo de  24 horas de antelación, nos teléfono 646 564 749 e 696 505 894, no correo electrónico info@uxionovoneyra.com ou empregando este formulario.